viernes, 12 de diciembre de 2014

Javier Maldonado é o novo conselleiro de Sanidade de Madrid.

http://www.abc.es/madrid/20141205/abci-toma-posesion-maldonado-sanidad-201412051133.html

Astronauta é fotógrafo.

Para conseguir unha boa fotografía do noso planeta, ademáis de ser un bo fotógrafo, hai que ser astronauta: é o caso de Don Petit. Na Estación Espacial Internacional ten o seu estudo fotográfico. Cóntanos cómo consegue facer esas fotos a 400 km de distancia e a máis de 18.000 km/hora.

Só ten entre 3 e 5 segundos para capturar a imaxen desexada. Do contrario, terá que esperar outros 11 días máis, ata que a órbita lle permita pasar polo mesmo lugar. Para non perder esa fotografía, na Estación Espacial traballan con máis de 10 cámaras especiais, cada unha, cunha lente diferente.
Dende "a cúpula", fanse a maioría das fotografías. Son sete fiestras cunha visión de 360 graos. Hai que evitar os reflexos, e para eso unha manta negra cubre calquer panel ou obxeto cercano que poida desprender luz.
Durante tres intensos viaxes á Estación Espacial, Petit rexistrou imaxes inéditas. A súa paixón cambiou a nosa maneira de ver a Terra dende o espazo.

Laniakea

O sistema solar encóntrase no brazo de Orión, na Vía Láctea. A súa vez, a nosa galaxia forma parte dun conxunto de máis de 50 galaxias ao que se lle chama Grupo Local. Ata o momento, considerábase que o Grupo Local era parte dunha concentración de máis de 1000 galaxias, chamada Supercúmulo de Virgo, cunha extensión de máis de cen millóns de anos luz.
Sin embargo, un estudo descubreu que a nosa galaxia é  parte dun supercúmulo moito máis grande, chamado Laniakea, do cal o Supercúmulo de Virgo é moito máis pequeno. Laniakea significa “ceo inconmensurable”, que ten un diámetro de máis ou menos 500 millóns de anos luz e contén uns 1000 billóns de veces a masa do Sol.
Gráfico del supercúmulo Laniakea y sus inmediaciones. Cada punto blanco representa una galaxia; las regiones de color rojo tienen un mayor número de galaxias, mientras que las de color azul representan "burbujas", espacios vacíos con pocas galaxias. Las líneas blancas representan las trayectorias a través de las cuales las galaxias se mueven hacia el centro de masa de Laniakea. Se indica la ubicación de la Vía Láctea, cerca del borde derecho del supercúmulo, y algunos de los supercúmulos circundantes. Créditos: Brent Tully / Nature / CEA Saclay, Francia.
Gráfico del supercúmulo Laniakea y sus inmediaciones. Cada punto blanco representa una galaxia; las regiones de color rojo tienen un mayor número de galaxias, mientras que las de color azul representan “burbujas”, espacios vacíos con pocas galaxias. Las líneas blancas representan las trayectorias a través de las cuales las galaxias se mueven hacia el centro de masa de Laniakea. Se indica la ubicación de la Vía Láctea, cerca del borde derecho del supercúmulo, y algunos de los supercúmulos circundantes. Créditos: Brent Tully / Nature / CEA Saclay, Francia.
Utilizouse radiotelescopios para estudar os movementos dunhas 8000 galaxias do noso vecindario cósmico. Puideron aislar os movementos debidos exclusivamente á atracción gravitatoria e medir as súas velocidades relativas, creando un mapa das traxetorias polas que se desplazan as galaxias. No centro de Laniakea existe una rexión moi densa, chamada “Gran Atractor” que os astrónomos xa coñecían, e que está empuxando á Vía Láctea e moitas outras galaxias cara ela.
Analizando a velocidade de cada unha das galaxias observadas, os astrónomos puideron determinar los límites de Laniakea, ademáis de identificar outros supercúmulos xigantes ao seu redor, chamados Shapley, Hercules, Coma e Perseus-Pisces.

Satélites do sistema solar.

Galileo Galilei foi o primero en observar un satélite natural en 1610. O astrónomo descubreu catro das lúas máis grandes do noso sistema planetario: Gamínedes, Calixto, Europa e Ío, todas en torno a Xúpiter. No seu honor coñéceselles tamén como satélites galileanos.
http://www.taringa.net/post/ciencia-educacion/17485768/7-de-enero-de-1610-Son-estrellas-Son-planetas.html

Os científicos divisaron 178 satélites en todo o sistema solar. Xúpiter é o planeta que máis ten, 67, séguelle Saturno con 60. Arredor de Plutón, Haumea e Eris, que son planetas ananos, teñen 7 satélites. Os planetas que menos satélites teñen son a Tierra con un ( a Lúa) e Marte con dous.  Mentres que hai outros que non teñen ningún, como son Mercurio e Venus.

Os satélites máis grandes de Saturno están compostos por unha mezcla de xeo e roca.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Homo ergaster:


Antigüedade: 1,8 millóns de anos.
Periodo de duración: entre 1, 8 y 1.4 millóns de anos.
Lugar de orixe: Kenia e África do sur.
Características Anatómicas:
1.- Volume cerebral de 900 cm3.
2.- Estatura: entre 1,60 e 1,70 m.
3.- Complexión delgada e extremidades largas.
4.- Mandíbula potente.
5.- Brazos e pernas proporcionados.

Utensilios:
Supoñen unha evolución no proceso da fabricación de utensilios, ca aparición dos primeros Bifaces. Trouxeron  unha nova forma de tallar a pedra, "o Achellense", que consiste en tallados polas dúas caras chamados bifaces, como: as machadas, os fendedores e os picos. Trátase dunha técnica que continuaría durante moitísimo tempo xa que se lle pode dar varios usos.

Forma de vida:
O seu desarrollo foi máis lento co dos seus antepasados e esto fixo que o seu 
entorno social fose máis protector. A alimentación e a complexidade social son imprescindibles para a expansión e a reestructuración cerebral. Era traballador e non chegou a cruzarse con outras especies de homínidos.






Este esqueleto, de entre 1.8 e 1.2 millóns de anos, foi descuberto en 1984.

A cápsula Orión, dá as súas primeiras voltas á Terra

Este xoves, cando estaba previsto o  lanzamento da cápsula Orión, a NASA tomou a decisión de cancelalo polos fortes ventos e por un fallo dunha válvula.
O final decideuse lanzalo hoxe venres ás 13:00 do mediodía. Este segundo lanzamento foi un gran éxito e a cápsula Orión ascendeu ata o espazo para dar voltas á Terra facendo probas.
O que se quere conseguir con este voo, e conseguir levar o ser humano ata Marte; aínda que neste primer lanzamento, Orión non foi tripulada por ninguén. Foi proxectado un voo de catro horas e media para dar case dúas voltas á Terra, despois de subir 5.800 Km. da superficie.
Durante este primer voo, de casi 100.000 km., o casco da nave veríase exposto a unhas temperaturas de casi 2.000 ºC a causa da fricción coa atmosfera. Ademáis de probar o funcionamento dos equipos de a bordo, o outro obxetivo é medir o impacto de rozamento e a temperatura no voo.

viernes, 21 de noviembre de 2014

Unha visión cara o futuro

A dexeneración da retina é un problema que soe estar provocado por danos nos vasos sanguíneos ou por unha produción excesiva dos mismos e que pode chegar a provocar cegueira total. Para remediar este problema, un equipo de investigadores de Madrid, creou as primeras lentes de contacto do mundo, que son capaces de protexer do dano que causa a luz violeta e azul na retina, protexéndoa  da súa dexeneración.

As lentes teñen un certificado de seguridade retiniano, e poñeranse á venta con ou sin graduación, compensando así a miopía, o astigmatismo ou a hipermetropía. Ademáis protexen contra a luz para que ésta non chegue ao fondo do ollo e o dane, xa que estamos expostos durante 5.500 horas o ano á luz que nos rodea, maila luz artificial (móbil, ordenadores...).

Grandes logros no ámbito da mediciña.

As persoas operadas por robots beneficiaronse en varios aspectos. Non só a intervención é realizada con moita máis precisión, sinón que a recuperación e moito máis acelerada.
Por exemplo, o uso de robots elimina os temblores humanos, é capaz de entrar a zoas imposibles para os médicos e danan menos texidos sans nos alrededores da rexión afectada.
Ademáis, o uso dos robots reduce a estancia no hospital, disminúe o trauma operativo, beneficia o impacto cosmético da intervención e atenúa o tempo de recuperación.

Ata o momento, os robots médicos sólo poden operar a nenos de máis de 10Kg. pero os científicos esperan que en menos de cinco anos, o uso e a evolución da robótica, incremente o seu uso en todos os niveis.

domingo, 2 de noviembre de 2014

A química no Samaín.

O 31 de outubro celébrase a noite do Samaín, unha festa de orixen celta moi esperada. 
Para celebralo, podemos facer un experimento terrorífico da química cunha cabaza.
Tras preparar a cabaza, podemos usar varios compostos químicos para provocar una chama espectacular, no caso de que non nos conformemos cunha vela.

Utilizando desinfectante de mans, que sempre presenta algún tipo de alcohol (isopropílico, etílico ou propílico), podemos conseguir que a chama sexa azul. Como a cabaza ten sodio, tamén terá unha chama de cor amarela; e si quixéramos que tamén fose verde, empregaríamos ácido bórico. 
Non deberíamos ter medo ós mortos, senón os vivos. VIVA O SAMAÍN!

¿Coñecedes a Mario Pérez Sayáns?

O boirense Mario Pérez (de Cespón) de 34 anos, Licenciado en Odontoloxía, é experto en cáncer oral e compatibiliza a docencia e a investigación coa actividade privada en Vigo.

Foi un estudante brillante e casi o 90% das súas notas foron matrículas de honor. Consigueu o premio extraordinario da Universidade de Santiago de Compostela e outros recoñecementos que o levaron o máis alto.
Publicou artículos relacionados co cáncer oral e consigueu ser distinguido pola mellor tesis da Facultade de Mediciña e Odontoloxía.

Traballa no Instituto de Investigación de Santiago, concretamente no grupo de epidemioloxía. Alí estuda os marcadores no cáncer oral. Ademáis, é profesor asociado da Facultade de Odontoloxía e investigador na Unidade de Mediciña Oral e Implantoloxía.
O seu reto é diseñar un tratamento para mellorar a esperanza de vida dos pacientes que sufren cáncer oral. Mario Pérez asegura que a mortalidade todavía é moi elevada aos cinco años do diagnóstico, onde afecta, sobre todo, a pacientes fumadores e bebedores, especialmente  os primeiros e máis a partir dos 60 años.

Os gobernantes non apostan pola investigación, xa que lle denegaron varios proxectos moi potentes. Hai moi poucos recursos e moitos vense obrigados a emigrar. 

domingo, 19 de octubre de 2014

As ás da mariposa azul.

As ás das mariposas son tan fráxiles que con un pouco de po ou unhas gotas de rocío na súa superficie, dificultaríanlle o vo. Sen embargo, sempre están secas e limpas. Cal é o seu segredo?

Un grupo de investigadores descubriron que as ás da mariposa morfo azul ( Morpho didius), que a simple vista parecen lisas, están recubertas de diminutas escamas superpostas como as tellas do tellado dunha casa. Estas escamas teñen fisuras microscópicas en paralelo que fan que o po e a auga esvaren.
Os enxeñeiros están tratando de imitar esta textura para producir recubrimentos contra o po e impermeables de alta tecnoloxía que se podan usar en equipos médicos e industriais.
As ás da mariposa son un exemplo de como a ciencia intenta reproducir o diseño dos seres vivos.

domingo, 12 de octubre de 2014

Un transplante de útero da lugar a unha nova vida.

Comezo este blog, falando dos avances médicos que fan posible o soño de pode ser nai, a pesar de non ter útero.

 Unha muller sueca de 36 anos, que naceu sen útero por afección xenética, deu a luz un neno con boa saúde que pesaba 1,775 kg. ao cabo de 31 semanas de embarazo.
A nai, que tiña os ovarios intactos, era capaz de producir óvulos que foron fecundados polas técnicas de fecundación in vitro antes do transplante, o que permiteu dispoñer de once embrións congelados.
O útero transplantado proviña dunha muller de 61 anos, menopáusica, que fora operada fai 7 anos.
Un ano despois do transplante de útero, os médicos transferiron un só embrión ao útero transplantado e obtiveron un embarazo. Hubo un débil rechazo durante o embarazo, que foi tratado con cortico-esteroides.
O crecemento do feto foi normal durante as 31 primeiras samanas do embarazo, pero a nai foi hopitalizada debido a unha eclampsia (patoloxía marcada sobre todo por unha hipertensión e que representa un perigo para o feto) e practicóuselle unha cesaria.
 A nai foi dada de altal aos 3 días de dar a luz, mentres que o seu fillo aos 10 días de nacer.

Esta primicia foi realizada por un equipo direxido polo profesor Mats Brännström, especialista de xinecoloxía e obstetricia. Ofrece esperanzas as mulleres que non poden ter fillos por naceren sen útero, ter unha malformación ou haber sufrido unha ablación do útero debido a un cáncer ou unha hemorraxia nun embarazo anterior.
Este éxito básase en mais de 10 anos de investigacións intensivas con animais e de entrenamento quirúrxico, o que crea a posibilidade de tratar a un maior número de mulleres xóvenes no mundo que teñen infertilidade uterina.



Antes disto, levouse a cabo outros intentos de transplantes con úteros de donantes vivas ou non, pero fracasaron. A primeira vez foi en Arabia Saudita no año 2000, pero fracasou aos tres meses por unha necrosis do útero da paciente. Outro foi en Turquía no ano 2011, realizado cun útero de donante falecida, o que permiteu o inicio do embarazo pero acabou en aborto.
Esta nova evolución da mediciña, podría evitar nalgúns casos o recurso a un ventre de aluguer.


Aquí déixovos un enlace dunha páxina web, onde poderedes ver un vídeo sobre a información que dá Cesar Diaz (un español que participou no equipo de Mats Brännström, dende o ano 2009) sobre como foi o transplante.