viernes, 5 de diciembre de 2014

A cápsula Orión, dá as súas primeiras voltas á Terra

Este xoves, cando estaba previsto o  lanzamento da cápsula Orión, a NASA tomou a decisión de cancelalo polos fortes ventos e por un fallo dunha válvula.
O final decideuse lanzalo hoxe venres ás 13:00 do mediodía. Este segundo lanzamento foi un gran éxito e a cápsula Orión ascendeu ata o espazo para dar voltas á Terra facendo probas.
O que se quere conseguir con este voo, e conseguir levar o ser humano ata Marte; aínda que neste primer lanzamento, Orión non foi tripulada por ninguén. Foi proxectado un voo de catro horas e media para dar case dúas voltas á Terra, despois de subir 5.800 Km. da superficie.
Durante este primer voo, de casi 100.000 km., o casco da nave veríase exposto a unhas temperaturas de casi 2.000 ºC a causa da fricción coa atmosfera. Ademáis de probar o funcionamento dos equipos de a bordo, o outro obxetivo é medir o impacto de rozamento e a temperatura no voo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario