viernes, 21 de noviembre de 2014

Unha visión cara o futuro

A dexeneración da retina é un problema que soe estar provocado por danos nos vasos sanguíneos ou por unha produción excesiva dos mismos e que pode chegar a provocar cegueira total. Para remediar este problema, un equipo de investigadores de Madrid, creou as primeras lentes de contacto do mundo, que son capaces de protexer do dano que causa a luz violeta e azul na retina, protexéndoa  da súa dexeneración.

As lentes teñen un certificado de seguridade retiniano, e poñeranse á venta con ou sin graduación, compensando así a miopía, o astigmatismo ou a hipermetropía. Ademáis protexen contra a luz para que ésta non chegue ao fondo do ollo e o dane, xa que estamos expostos durante 5.500 horas o ano á luz que nos rodea, maila luz artificial (móbil, ordenadores...).

1 comentario: