viernes, 21 de noviembre de 2014

Unha visión cara o futuro

A dexeneración da retina é un problema que soe estar provocado por danos nos vasos sanguíneos ou por unha produción excesiva dos mismos e que pode chegar a provocar cegueira total. Para remediar este problema, un equipo de investigadores de Madrid, creou as primeras lentes de contacto do mundo, que son capaces de protexer do dano que causa a luz violeta e azul na retina, protexéndoa  da súa dexeneración.

As lentes teñen un certificado de seguridade retiniano, e poñeranse á venta con ou sin graduación, compensando así a miopía, o astigmatismo ou a hipermetropía. Ademáis protexen contra a luz para que ésta non chegue ao fondo do ollo e o dane, xa que estamos expostos durante 5.500 horas o ano á luz que nos rodea, maila luz artificial (móbil, ordenadores...).

Grandes logros no ámbito da mediciña.

As persoas operadas por robots beneficiaronse en varios aspectos. Non só a intervención é realizada con moita máis precisión, sinón que a recuperación e moito máis acelerada.
Por exemplo, o uso de robots elimina os temblores humanos, é capaz de entrar a zoas imposibles para os médicos e danan menos texidos sans nos alrededores da rexión afectada.
Ademáis, o uso dos robots reduce a estancia no hospital, disminúe o trauma operativo, beneficia o impacto cosmético da intervención e atenúa o tempo de recuperación.

Ata o momento, os robots médicos sólo poden operar a nenos de máis de 10Kg. pero os científicos esperan que en menos de cinco anos, o uso e a evolución da robótica, incremente o seu uso en todos os niveis.

domingo, 2 de noviembre de 2014

A química no Samaín.

O 31 de outubro celébrase a noite do Samaín, unha festa de orixen celta moi esperada. 
Para celebralo, podemos facer un experimento terrorífico da química cunha cabaza.
Tras preparar a cabaza, podemos usar varios compostos químicos para provocar una chama espectacular, no caso de que non nos conformemos cunha vela.

Utilizando desinfectante de mans, que sempre presenta algún tipo de alcohol (isopropílico, etílico ou propílico), podemos conseguir que a chama sexa azul. Como a cabaza ten sodio, tamén terá unha chama de cor amarela; e si quixéramos que tamén fose verde, empregaríamos ácido bórico. 
Non deberíamos ter medo ós mortos, senón os vivos. VIVA O SAMAÍN!

¿Coñecedes a Mario Pérez Sayáns?

O boirense Mario Pérez (de Cespón) de 34 anos, Licenciado en Odontoloxía, é experto en cáncer oral e compatibiliza a docencia e a investigación coa actividade privada en Vigo.

Foi un estudante brillante e casi o 90% das súas notas foron matrículas de honor. Consigueu o premio extraordinario da Universidade de Santiago de Compostela e outros recoñecementos que o levaron o máis alto.
Publicou artículos relacionados co cáncer oral e consigueu ser distinguido pola mellor tesis da Facultade de Mediciña e Odontoloxía.

Traballa no Instituto de Investigación de Santiago, concretamente no grupo de epidemioloxía. Alí estuda os marcadores no cáncer oral. Ademáis, é profesor asociado da Facultade de Odontoloxía e investigador na Unidade de Mediciña Oral e Implantoloxía.
O seu reto é diseñar un tratamento para mellorar a esperanza de vida dos pacientes que sufren cáncer oral. Mario Pérez asegura que a mortalidade todavía é moi elevada aos cinco años do diagnóstico, onde afecta, sobre todo, a pacientes fumadores e bebedores, especialmente  os primeiros e máis a partir dos 60 años.

Os gobernantes non apostan pola investigación, xa que lle denegaron varios proxectos moi potentes. Hai moi poucos recursos e moitos vense obrigados a emigrar.