miércoles, 13 de mayo de 2015

Os infartos

Nesta entrada vou publicar un traballo que fixen na materia TIC, na que puiden facer unha pequena animación referida a un tema didáctico, e eu elexí Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

Para poder velo pincha en:  clase de saúde by miguel araujo on GoAnimate .


Dores de cabeza...

Nestes días oín no telexornal que era mellor que tomásemos neurofren de 400 mg que de 600mg, no caso de que só fosen dores pequenas, xa que así non acostubraríamos o corpo a convivir con dosis tan grandes. Por outro lado si nos doe a cabeza e tomamos unha pastilla temos que esperar a hora que nos indica no papeliño que acompaña o medicamento para tomar outra, si nos fai falta, xa que hai xente que eso non o respeta; e si levas durante tres días tomándoa hai que ir o médico xa que iso é un factor de que algo non vai ben, e diredes, ¡ tres días seguidos tomando pastillas para a cabeza, que locura! Pois non é nada raro xa que eu mesmo pode que as tome cando estou en temporada de exames. Pero o importante e que respetedes o período de tempo que debe pasar dende que tomes unha pastilla a consumir outra e que non sobrecarguemos o corpo con dosis de máis si só son dores pequenas.



viernes, 8 de mayo de 2015

"Enfermidade dos pobres"


Nesta entrada vouvos falar de Oriol Mitjá que é un español especialista en efermidades infecciosas que fai cinco anos viaxou a Papua Nueva Guinea e econtrouse cunha poboación, sobre todo nenos enfermos de pian. Unha bacteria propia das zoas tropicais que vai comendo a pel, ata desfigurar o rostro.
Oriol chegou a estas zoas e pensou que o tratamento que se estaba administrando non era o correcto. O seu coñecemento en enfermidades tropicais, fixéronlle probar cun simple antibiótico. O tratamento deu un excelente resultado . Entre 2013 e 2014 leváronse a cabo probas experimentais co 90% de curación.
A OMS, grazas os excelentes resultados de Oriol, propúxose como meta o 2020 para terminar coa enfermidad. Si o tratamento continúa dando tan bos resultados como ata agora , o Pian será a segunda enfermidad erradicada tras a viruela onde resaltaríase moito máis a Oriol, médico español.
Para saber máis pincha en : Pian