domingo, 19 de octubre de 2014

As ás da mariposa azul.

As ás das mariposas son tan fráxiles que con un pouco de po ou unhas gotas de rocío na súa superficie, dificultaríanlle o vo. Sen embargo, sempre están secas e limpas. Cal é o seu segredo?

Un grupo de investigadores descubriron que as ás da mariposa morfo azul ( Morpho didius), que a simple vista parecen lisas, están recubertas de diminutas escamas superpostas como as tellas do tellado dunha casa. Estas escamas teñen fisuras microscópicas en paralelo que fan que o po e a auga esvaren.
Os enxeñeiros están tratando de imitar esta textura para producir recubrimentos contra o po e impermeables de alta tecnoloxía que se podan usar en equipos médicos e industriais.
As ás da mariposa son un exemplo de como a ciencia intenta reproducir o diseño dos seres vivos.

domingo, 12 de octubre de 2014

Un transplante de útero da lugar a unha nova vida.

Comezo este blog, falando dos avances médicos que fan posible o soño de pode ser nai, a pesar de non ter útero.

 Unha muller sueca de 36 anos, que naceu sen útero por afección xenética, deu a luz un neno con boa saúde que pesaba 1,775 kg. ao cabo de 31 semanas de embarazo.
A nai, que tiña os ovarios intactos, era capaz de producir óvulos que foron fecundados polas técnicas de fecundación in vitro antes do transplante, o que permiteu dispoñer de once embrións congelados.
O útero transplantado proviña dunha muller de 61 anos, menopáusica, que fora operada fai 7 anos.
Un ano despois do transplante de útero, os médicos transferiron un só embrión ao útero transplantado e obtiveron un embarazo. Hubo un débil rechazo durante o embarazo, que foi tratado con cortico-esteroides.
O crecemento do feto foi normal durante as 31 primeiras samanas do embarazo, pero a nai foi hopitalizada debido a unha eclampsia (patoloxía marcada sobre todo por unha hipertensión e que representa un perigo para o feto) e practicóuselle unha cesaria.
 A nai foi dada de altal aos 3 días de dar a luz, mentres que o seu fillo aos 10 días de nacer.

Esta primicia foi realizada por un equipo direxido polo profesor Mats Brännström, especialista de xinecoloxía e obstetricia. Ofrece esperanzas as mulleres que non poden ter fillos por naceren sen útero, ter unha malformación ou haber sufrido unha ablación do útero debido a un cáncer ou unha hemorraxia nun embarazo anterior.
Este éxito básase en mais de 10 anos de investigacións intensivas con animais e de entrenamento quirúrxico, o que crea a posibilidade de tratar a un maior número de mulleres xóvenes no mundo que teñen infertilidade uterina.



Antes disto, levouse a cabo outros intentos de transplantes con úteros de donantes vivas ou non, pero fracasaron. A primeira vez foi en Arabia Saudita no año 2000, pero fracasou aos tres meses por unha necrosis do útero da paciente. Outro foi en Turquía no ano 2011, realizado cun útero de donante falecida, o que permiteu o inicio do embarazo pero acabou en aborto.
Esta nova evolución da mediciña, podría evitar nalgúns casos o recurso a un ventre de aluguer.


Aquí déixovos un enlace dunha páxina web, onde poderedes ver un vídeo sobre a información que dá Cesar Diaz (un español que participou no equipo de Mats Brännström, dende o ano 2009) sobre como foi o transplante.