domingo, 19 de octubre de 2014

As ás da mariposa azul.

As ás das mariposas son tan fráxiles que con un pouco de po ou unhas gotas de rocío na súa superficie, dificultaríanlle o vo. Sen embargo, sempre están secas e limpas. Cal é o seu segredo?

Un grupo de investigadores descubriron que as ás da mariposa morfo azul ( Morpho didius), que a simple vista parecen lisas, están recubertas de diminutas escamas superpostas como as tellas do tellado dunha casa. Estas escamas teñen fisuras microscópicas en paralelo que fan que o po e a auga esvaren.
Os enxeñeiros están tratando de imitar esta textura para producir recubrimentos contra o po e impermeables de alta tecnoloxía que se podan usar en equipos médicos e industriais.
As ás da mariposa son un exemplo de como a ciencia intenta reproducir o diseño dos seres vivos.

1 comentario:

  1. Moi interesante e moiben redactado, Miguel.Só boto de menos unha boa ligazón.

    ResponderEliminar