viernes, 27 de febrero de 2015

O descanso.



Anímovos a que vos fixedes na postura na que descansades e si non é a correcta pois, intentedes poñervos ben e si sodes capaces me comentedes. Eu non fun capaz, por iso propoño que o intentedes vos.

jueves, 12 de febrero de 2015

Conan, a indestructible.

Deinococcus radiodurans, tamén coñecida como Conan, pode soportar enormes cantidades de radiación gamma ata 1.500 veces maiores cas que causarían a morte humana.
Esta bacteria foi descuberta en 1956 por Arthur W. Anderson (EEUU). O científico estaba experimentando diferentes medios para esterilizar a comida en latas de conserva. Despois de irradiar carne de porco e boi con dosis que se consideraban suficientes para a súa esterilización, veu que algunhas latas mostraban signos de putrefacción. Nelas detectou a presencia dun microorganismo que se negaba a morrer. Asombrado, Anderson aislouno para o seu estudo. Dende entón esta bacteria está presente no: "Libro Guinness de los Récords" por considerarse a máis resistente do mundo.
Na actualidade séguese investigando sobre como se mantén con vida en condicións tan extremas. Ao parecer,Deinococcus radiodurans sufre coa radiación, xa que tras estar exposta aos raios gamma, o seu cromosoma queda roto en máis de 500 fragmentos, pero despois a bacteria é capaz de recompoñerlos grazas a que posúe entre 4 e 10 copias do seu material xenético ( o normal das bacterias é que teñan un par de copias).
Tamén pode soportar temperaturas extremas, sequías severas, falta de nutrintes… é un ser extremófilo.

Coidado cando te bañes na praia! : As medusas.

Estos animais xelatinosos, recoñecibles polos seus tentáculos e a súa umbrela (bolsa), chegan ás costas durante todo o ano, pero sobre todo fano entre a primaveira e o verán. As medusas son do grupo animal: cnidarios, que conteñen unhas células chamadas cnidocistos: unha especie de ‘microxiringas’ que inxectan susbtancias tóxicas e que utilizan para alimentarse ou defenderse. Estos cnidocistos están por todo o seu corpo, pero mais ben están concentrados nos tentáculos. O grado de toxicidade para os humáns depende da especie da medusa. A súa capacidade tóxica persiste incluso despois da súa morte, por eso é importante non tocalas aínda que pareza que estén mortas, xa que coas olas as súas esporas tóxicas poden volverse a hidratar e así recuperar a súa capacidade velenosa.


 Aquí deixovos un protocolo xeneral a seguir no caso de que picase unha medusa: