jueves, 12 de febrero de 2015

Conan, a indestructible.

Deinococcus radiodurans, tamén coñecida como Conan, pode soportar enormes cantidades de radiación gamma ata 1.500 veces maiores cas que causarían a morte humana.
Esta bacteria foi descuberta en 1956 por Arthur W. Anderson (EEUU). O científico estaba experimentando diferentes medios para esterilizar a comida en latas de conserva. Despois de irradiar carne de porco e boi con dosis que se consideraban suficientes para a súa esterilización, veu que algunhas latas mostraban signos de putrefacción. Nelas detectou a presencia dun microorganismo que se negaba a morrer. Asombrado, Anderson aislouno para o seu estudo. Dende entón esta bacteria está presente no: "Libro Guinness de los Récords" por considerarse a máis resistente do mundo.
Na actualidade séguese investigando sobre como se mantén con vida en condicións tan extremas. Ao parecer,Deinococcus radiodurans sufre coa radiación, xa que tras estar exposta aos raios gamma, o seu cromosoma queda roto en máis de 500 fragmentos, pero despois a bacteria é capaz de recompoñerlos grazas a que posúe entre 4 e 10 copias do seu material xenético ( o normal das bacterias é que teñan un par de copias).
Tamén pode soportar temperaturas extremas, sequías severas, falta de nutrintes… é un ser extremófilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario