miércoles, 29 de abril de 2015

O observatorio espacial Hubble

O observatorio espacial Hubble considerado como o gran ollo do Universo fixo 25 anos. Un telescopio que revolucionou a astronomía e o coñecemento do cosmos desde o seu lanzamento en 1990. Ofrécenos milleiros de impactantes imaxes do cosmos. Axudou a medir o seu tamaño e a súa idade e a confirmar o seu proceso de expansión acelerada. Desde a súa chegada ao espazo proporcionou máis dun millón de imaxes que, ademais de coñecemento, deleitan a nosa retina.






lunes, 27 de abril de 2015

Sídrome de Morquio

Desta vez vouvos falar dun rapaz que está loitando cotra unha enfermidade dexenerativa, chamada síndrome de Morquio onde a esperanza de vida é duns 40 anos. Miguel sufre transtornos de crecemento e pérdidas de audición e de vista, o que fai que a súa vida sexa difícil.
Ata xaneiro recibía, xunto con outros oito nenos españois, un tratamento experimental, co que mellorou radicalmente (deixara de andar en silla de rodas, e desaparacéralle moitas dores). Pero unha vez comprobada a melloría do tratamento, o laboratorio suspendeu o tratamento por altos costes. 

O rapaz insisteulles aos pais en que falaran cos médicos porque se estaba encotrando cada vez peor. A familia de Miguel pediu a Xunta e ao Ministerio de Sanidade que finacie o tratamento, e estes ao cabo dun tempo deron a noticia de que costearán uns 6000€ por sesión.

E como dixo a famila de Miguel, " gástase máis cartos en cousas menos importantes que na saúde dun neno". Non estades de acordo?

Para saber máis pincha "aquí".

jueves, 23 de abril de 2015

Aiko Chihira

O departamento de ventas de Mitsukoshi presentou este luns a Aiko Chihira, a súa nova traballadora cunha particulariedade: é o primero robot androide que traballará nuns grandes almacéns en Tokio. Aiko ocupará un posto na recepción do recinto e axudará a súa compañeira, que está encantada coa nova empleada, a dar información aos clientes. Fala xaponés (tamén en lenguaxe de signos), aínda que pode ser programada para falar outros idiomas, como chino, no caso de que fora necesario.
Entre as habilidades do robot, tamén se encuentran outras que non están relacionadas á empresa, como cantar ópera. Esta pioneira tecnoloxía desarrollouse no laboratorio de robótica de Osaka, onde empregaron 43 motores para poñelo en marcha.

miércoles, 15 de abril de 2015

Basura no espazo

                                                                   
Eu cando penso no espazo, non me imaxino basura, e menos humana, pero informeime e calcúlase que hai uns 50.000 obxectos de orixen humano flotando arredor da terra. Algúns son moi pequenos, como ferramentas perdidas polos astronautas; outros, son moi grandes, incluíndo centos de satélites en desuso e partes de cohetes.
En total, habrá unhas 100 toneladas de restos de cohetes e satélites que chocaron. A maior concentración ubícase a 1.000 km de altura.
Toda esta basura impide voos máis afastados a 600 km de altura. As naves actuais, como a Estación Espacial Internacional, orbitan bastante por debaixo de ese nivel, a 364 km.
A cantidade de chatarra espacial seguirá crecendo sin control, e se predí que para o ano 2055 será imposible lanzar calquera misión espacial sin atoparse cun destes obxectos. Moitos dos obxectos afastaranse lentamente e outros caerán á Terra, como xa sucedeu en varios países.

sábado, 11 de abril de 2015

O apéndice

Cando era pequeniño e vía unha imaxe do noso organismo gustábame moito a forma peculiar do apéndice e pensaba que so era un "cacho de carne" e aínda por riba podía causar problemas, onde nese caso había que operar.

Agora xa podo decir que o apéndice sirve como asilo para as bacterias boas do intestino cando hai unha emerxencia, como unha infeción. Ven sendo como unha copia de seguridade e asi poder repoboar o intestino cando éste retorne a un estado saudable.

Factores adicionais:
  • O apéndice ten uns 10 cm de largo e apenas 7 mm de ancho.
  • Cerca do 7% da poboación é operado de apendicitis.
  • As mulleres teñen o doble de risco de padecer apendicitis.
  • Unha de cada 100.000 persoas nace sin apéndice.

Progeria

Hoxe vouvos falar dunha rapaza chamada Hayley Okines, que morreu con tan so 17 anos, xa que padecía a enfermidade denominada progeria. Esta enfermidade "rara" acelera o envellecemento das células ata oito veces mais rápido o que provoca que non teñan unha larga vida, ninguén polo momento chegou a ter 30 anos. 

A rapaza era popular nas redes sociais por ser unha gran loitadora e facer campaña para dar a coñecer a enfermidade que padecía, e ata chegou a publicar un libro onde contaba as súas vivencias: " Old Before My Time" (Mayor antes de tempo). 

Os médicos aseguraron que vivira moito máis do que se había pronosticado, xa que era unha adolescente no corpo dunha persoa de 104 anos.

Para saber máis da enfermidade pincha en : progeria.