sábado, 11 de abril de 2015

Progeria

Hoxe vouvos falar dunha rapaza chamada Hayley Okines, que morreu con tan so 17 anos, xa que padecía a enfermidade denominada progeria. Esta enfermidade "rara" acelera o envellecemento das células ata oito veces mais rápido o que provoca que non teñan unha larga vida, ninguén polo momento chegou a ter 30 anos. 

A rapaza era popular nas redes sociais por ser unha gran loitadora e facer campaña para dar a coñecer a enfermidade que padecía, e ata chegou a publicar un libro onde contaba as súas vivencias: " Old Before My Time" (Mayor antes de tempo). 

Os médicos aseguraron que vivira moito máis do que se había pronosticado, xa que era unha adolescente no corpo dunha persoa de 104 anos.

Para saber máis da enfermidade pincha en : progeria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario