viernes, 20 de marzo de 2015

Xermes na cociña

Un obxecto que utilizamos con moita frecuencia, xa sexa pola mañá, mediodia e noite, e encóntrase nunha parte da casa como é a cociña, resulta, que é unha das cousas que máis xermes ten.

Para axudarvos, direivos que é pequeno, de forma cadrada ou rectangular, ainos de distinta cor  (azul, verde, amarelo...) e tamén ten unha parte suave e outra áspera, deixa a louza relucinte, creo que con isto xa volo dixen todo.

 Sabedes do que falo? pois si compañeiros, o obxecto que máis xermes ten,  é o estropallo.

Sabedes como eliminarlle os xermes? pois eu teño un truco moi bo, E FUNCIONA!
Temos que coller o estropallo co que acabamos de lavar a louza, e polo cal, está sucio, e lavalo ben con auga, e a continuación metémolo no microondas durante 2 minutos, logo quitámolo, e o estropallo está limpio limpísimo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario