viernes, 20 de marzo de 2015

Elaborando xabón artesanal

Hoxe gustaríame compartir con vos unha forma de reciclar o aceite usado na cociña "elaborando xabón artesanal".

Ingredientes para a elaboración do xabón artesanal


  1. Medio kilo de sosa cáustica.
  2. Tres litros de auga.
  3. Tres litros de aceite de oliva ou xirasol (usado na casa para cociñar)

Modo de elaboración do xabón artesanal

  • Disólvese a sosa coa auga.
  • Cando se enfría, vaise botando o aceite pouco a pouco. Débese facer nun barreño grande de plástico, con coidado de non salpicar e cunhas luvas debido a que a sosa é corrosiva, ademais, hai que ter paciencia pois tarda en callarse case unha hora, todo este tempo débese dar voltas cara a dereita, con unha paleta grande e sempre no mesmo sentido, pouco a pouco vaise poñendo duro.
  • Cando o xabón artesanal se pon duro añadimos aquel remedio que queiramos, por exemplo, pódeselle añadir arcilla.
  • Despois ponse nun caixón de madeira, forrado con papel e antes de que se poña duro de todo, debemos cortalo en trozos pequenos.Déixase secar e xa está listo o xabón artesanal.

Usos do xabón:

  • Pódemolo usar para lavar o noso corpo e para o coidado do pelo.
  • Ideal para a hixiene das partes íntimas.
  • É moi hidratante.
  • Pódemolo usar para desinfectar feridas.
  • Proporciona a nosa pel elasticidade e suavidade.
  • Lavar a roupa, quita as manchas e dalle suavidade.
  • Fregar os utensilios de cociña.
  • Pode ser usado como ambientador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario