miércoles, 15 de abril de 2015

Basura no espazo

                                                                   
Eu cando penso no espazo, non me imaxino basura, e menos humana, pero informeime e calcúlase que hai uns 50.000 obxectos de orixen humano flotando arredor da terra. Algúns son moi pequenos, como ferramentas perdidas polos astronautas; outros, son moi grandes, incluíndo centos de satélites en desuso e partes de cohetes.
En total, habrá unhas 100 toneladas de restos de cohetes e satélites que chocaron. A maior concentración ubícase a 1.000 km de altura.
Toda esta basura impide voos máis afastados a 600 km de altura. As naves actuais, como a Estación Espacial Internacional, orbitan bastante por debaixo de ese nivel, a 364 km.
A cantidade de chatarra espacial seguirá crecendo sin control, e se predí que para o ano 2055 será imposible lanzar calquera misión espacial sin atoparse cun destes obxectos. Moitos dos obxectos afastaranse lentamente e outros caerán á Terra, como xa sucedeu en varios países.

No hay comentarios:

Publicar un comentario