lunes, 27 de abril de 2015

Sídrome de Morquio

Desta vez vouvos falar dun rapaz que está loitando cotra unha enfermidade dexenerativa, chamada síndrome de Morquio onde a esperanza de vida é duns 40 anos. Miguel sufre transtornos de crecemento e pérdidas de audición e de vista, o que fai que a súa vida sexa difícil.
Ata xaneiro recibía, xunto con outros oito nenos españois, un tratamento experimental, co que mellorou radicalmente (deixara de andar en silla de rodas, e desaparacéralle moitas dores). Pero unha vez comprobada a melloría do tratamento, o laboratorio suspendeu o tratamento por altos costes. 

O rapaz insisteulles aos pais en que falaran cos médicos porque se estaba encotrando cada vez peor. A familia de Miguel pediu a Xunta e ao Ministerio de Sanidade que finacie o tratamento, e estes ao cabo dun tempo deron a noticia de que costearán uns 6000€ por sesión.

E como dixo a famila de Miguel, " gástase máis cartos en cousas menos importantes que na saúde dun neno". Non estades de acordo?

Para saber máis pincha "aquí".

No hay comentarios:

Publicar un comentario