sábado, 11 de abril de 2015

O apéndice

Cando era pequeniño e vía unha imaxe do noso organismo gustábame moito a forma peculiar do apéndice e pensaba que so era un "cacho de carne" e aínda por riba podía causar problemas, onde nese caso había que operar.

Agora xa podo decir que o apéndice sirve como asilo para as bacterias boas do intestino cando hai unha emerxencia, como unha infeción. Ven sendo como unha copia de seguridade e asi poder repoboar o intestino cando éste retorne a un estado saudable.

Factores adicionais:
  • O apéndice ten uns 10 cm de largo e apenas 7 mm de ancho.
  • Cerca do 7% da poboación é operado de apendicitis.
  • As mulleres teñen o doble de risco de padecer apendicitis.
  • Unha de cada 100.000 persoas nace sin apéndice.

No hay comentarios:

Publicar un comentario