miércoles, 13 de mayo de 2015

Dores de cabeza...

Nestes días oín no telexornal que era mellor que tomásemos neurofren de 400 mg que de 600mg, no caso de que só fosen dores pequenas, xa que así non acostubraríamos o corpo a convivir con dosis tan grandes. Por outro lado si nos doe a cabeza e tomamos unha pastilla temos que esperar a hora que nos indica no papeliño que acompaña o medicamento para tomar outra, si nos fai falta, xa que hai xente que eso non o respeta; e si levas durante tres días tomándoa hai que ir o médico xa que iso é un factor de que algo non vai ben, e diredes, ¡ tres días seguidos tomando pastillas para a cabeza, que locura! Pois non é nada raro xa que eu mesmo pode que as tome cando estou en temporada de exames. Pero o importante e que respetedes o período de tempo que debe pasar dende que tomes unha pastilla a consumir outra e que non sobrecarguemos o corpo con dosis de máis si só son dores pequenas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario