domingo, 2 de noviembre de 2014

A química no Samaín.

O 31 de outubro celébrase a noite do Samaín, unha festa de orixen celta moi esperada. 
Para celebralo, podemos facer un experimento terrorífico da química cunha cabaza.
Tras preparar a cabaza, podemos usar varios compostos químicos para provocar una chama espectacular, no caso de que non nos conformemos cunha vela.

Utilizando desinfectante de mans, que sempre presenta algún tipo de alcohol (isopropílico, etílico ou propílico), podemos conseguir que a chama sexa azul. Como a cabaza ten sodio, tamén terá unha chama de cor amarela; e si quixéramos que tamén fose verde, empregaríamos ácido bórico. 
Non deberíamos ter medo ós mortos, senón os vivos. VIVA O SAMAÍN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario