viernes, 12 de diciembre de 2014

Astronauta é fotógrafo.

Para conseguir unha boa fotografía do noso planeta, ademáis de ser un bo fotógrafo, hai que ser astronauta: é o caso de Don Petit. Na Estación Espacial Internacional ten o seu estudo fotográfico. Cóntanos cómo consegue facer esas fotos a 400 km de distancia e a máis de 18.000 km/hora.

Só ten entre 3 e 5 segundos para capturar a imaxen desexada. Do contrario, terá que esperar outros 11 días máis, ata que a órbita lle permita pasar polo mesmo lugar. Para non perder esa fotografía, na Estación Espacial traballan con máis de 10 cámaras especiais, cada unha, cunha lente diferente.
Dende "a cúpula", fanse a maioría das fotografías. Son sete fiestras cunha visión de 360 graos. Hai que evitar os reflexos, e para eso unha manta negra cubre calquer panel ou obxeto cercano que poida desprender luz.
Durante tres intensos viaxes á Estación Espacial, Petit rexistrou imaxes inéditas. A súa paixón cambiou a nosa maneira de ver a Terra dende o espazo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario