jueves, 12 de marzo de 2015

Non estás gordo, son as bacterias...

Nestes días leín un tweet (titular) no que poñía: "Cerca de 1,3 kg. de nuestro peso son bacterias", polo que decidín investigar sobre as características e a cantidade de bacterias que habitan no noso organismo:
Das 2.000 especies bacterianas que se aloxa no noso organismo, so 100 poden chegar a ser perxudiciais (patóxenas). Moitas son esenciais para a vida humana, especialmente as que traballan no noso sistema dixestivo.
Por exemplo, no colon, onde a comida pasa entre 24 e 48 horas, a concentración é tan alta que suma ata un 50% do contido, e representan cerca de 900 gramos do peso da persona. De feito, aínda que o colon sexa considerado un órgano do sistema dixestivo, a maior parte do traballo é realizado pola flora intestinal. 
Tamén hai con abundancia na boca, polos restos de comida, na pel, onde haberá ata 100.000  por cm2
Un dato é que hay en torno a un millón de células bacterianas nun mililitro de auga doce.


martes, 3 de marzo de 2015

"MIAU"

 Hoxe vouvos falar sobre un dos animais que máis me gustan: o gato. Dende que fun pequeno, sempre tiven gatos e preguntábame a min mesmo que por que terían esos característicos bigotes que o fan tan recoñecible, por eso agora xa máis grande e porque teño a oportunidade de falar sobre a ciencia e a natureza voulle dedicar este blog:


Os bigotes dos gatos están conectados a unha rede de nervios sensoriais capaces de detectar ata o máis leve movemento do aire. Por eso, os gatos danse conta de que teñen un obxeto cerca aínda que non o vexan, o que fai que teñan unha gran ventaxa para andar pola oscuridade.

Os gatos tamén poden calcular a posición exacta e o movemento dun obxecto ou presa grazas a que os seus bigotes son sensibles aos cambios de presión do aire. Ademáis, estos sirvenlle para medir o ancho dunha abertura e ver si poden pasar. Pero si se lle cortan os bigotes o gato queda temporalmente incapacitado.
Na actualidade algúns científicos están diseñando robots con sensores que funcionan de forma parecida aos bigotes del gato. Estos “bigotes electrónicos” permitiríanlle aos robots rodear obstáculos. 

viernes, 27 de febrero de 2015

O descanso.



Anímovos a que vos fixedes na postura na que descansades e si non é a correcta pois, intentedes poñervos ben e si sodes capaces me comentedes. Eu non fun capaz, por iso propoño que o intentedes vos.

jueves, 12 de febrero de 2015

Conan, a indestructible.

Deinococcus radiodurans, tamén coñecida como Conan, pode soportar enormes cantidades de radiación gamma ata 1.500 veces maiores cas que causarían a morte humana.
Esta bacteria foi descuberta en 1956 por Arthur W. Anderson (EEUU). O científico estaba experimentando diferentes medios para esterilizar a comida en latas de conserva. Despois de irradiar carne de porco e boi con dosis que se consideraban suficientes para a súa esterilización, veu que algunhas latas mostraban signos de putrefacción. Nelas detectou a presencia dun microorganismo que se negaba a morrer. Asombrado, Anderson aislouno para o seu estudo. Dende entón esta bacteria está presente no: "Libro Guinness de los Récords" por considerarse a máis resistente do mundo.
Na actualidade séguese investigando sobre como se mantén con vida en condicións tan extremas. Ao parecer,Deinococcus radiodurans sufre coa radiación, xa que tras estar exposta aos raios gamma, o seu cromosoma queda roto en máis de 500 fragmentos, pero despois a bacteria é capaz de recompoñerlos grazas a que posúe entre 4 e 10 copias do seu material xenético ( o normal das bacterias é que teñan un par de copias).
Tamén pode soportar temperaturas extremas, sequías severas, falta de nutrintes… é un ser extremófilo.

Coidado cando te bañes na praia! : As medusas.

Estos animais xelatinosos, recoñecibles polos seus tentáculos e a súa umbrela (bolsa), chegan ás costas durante todo o ano, pero sobre todo fano entre a primaveira e o verán. As medusas son do grupo animal: cnidarios, que conteñen unhas células chamadas cnidocistos: unha especie de ‘microxiringas’ que inxectan susbtancias tóxicas e que utilizan para alimentarse ou defenderse. Estos cnidocistos están por todo o seu corpo, pero mais ben están concentrados nos tentáculos. O grado de toxicidade para os humáns depende da especie da medusa. A súa capacidade tóxica persiste incluso despois da súa morte, por eso é importante non tocalas aínda que pareza que estén mortas, xa que coas olas as súas esporas tóxicas poden volverse a hidratar e así recuperar a súa capacidade velenosa.


 Aquí deixovos un protocolo xeneral a seguir no caso de que picase unha medusa:



miércoles, 28 de enero de 2015

Unha curiosidade: o panal das abellas.

As abellas que fan o mel, constrúen os seus paneis con cera que producen nunhas glándulas situadas na parte inferior do abdome. Estos paneis considéranse marabillas da enxeñaría. Por que?
Os paneis están formados por celdas hexagonais. Por séculos, os matemáticos souberon que non existe mellor forma que o hexágono para aproveitar o máximo espazo co mínimo de material, pero nunca puideron decir o por que.
Grazas as celdas hexagonais, as abellas poden aproveitar o máximo o espazo, producir un panal lixeiro e resistente con moi pouca cera e almacenar a maior cantidade posible de mel. Por eso non é de extrañar que o panal se asocie coa arquitectura, xa que hoxe en día, os investigadores están imitando o panal para producir estructuras resistentes que proveiten ben o espazo. Por exemplo, os enxeñeiros aeronáuticos empregan paneis hexagonais para fabricar avións máis resistentes e lixeiros que consuman menos combustible.


lunes, 26 de enero de 2015

Oes? Oíches?

A polilla da cera pode percibir os sons agudos moito mellor que cualquer outro animal do mundo. Non obstante, as súas orellas teñen unha estructura moi simple e son tan diminutas como a cabeza dun alfinete.
Durante anos estudouse o oído deste insecto, e púdose probar a capacidade do sistema auditivo da polilla con diferentes frecuencias de son. Medíronse as vibracións da membrana do tímpano e rexistrouse a actividade dos nervios auditivos. Os tímpanos vibraron cunha frecuencia de 300 kilohercios (kHz). Unha diferenza moi grande co oído do morcego, que detecta frecuencias de son de ata 212 kHz e o das persoas, que non pasa de 20 kHz.
Os investigadores estudan como utilizar a extraordinaria capacidade auditiva da polilla da cera para deseñar novas tecnoloxías como por exemplo facer micrófonos mellores e máis pequenos que se poderían empregar nunha gran variedade de mecanismos, como teléfonos e aparellos para xordos.