lunes, 26 de enero de 2015

Oes? Oíches?

A polilla da cera pode percibir os sons agudos moito mellor que cualquer outro animal do mundo. Non obstante, as súas orellas teñen unha estructura moi simple e son tan diminutas como a cabeza dun alfinete.
Durante anos estudouse o oído deste insecto, e púdose probar a capacidade do sistema auditivo da polilla con diferentes frecuencias de son. Medíronse as vibracións da membrana do tímpano e rexistrouse a actividade dos nervios auditivos. Os tímpanos vibraron cunha frecuencia de 300 kilohercios (kHz). Unha diferenza moi grande co oído do morcego, que detecta frecuencias de son de ata 212 kHz e o das persoas, que non pasa de 20 kHz.
Os investigadores estudan como utilizar a extraordinaria capacidade auditiva da polilla da cera para deseñar novas tecnoloxías como por exemplo facer micrófonos mellores e máis pequenos que se poderían empregar nunha gran variedade de mecanismos, como teléfonos e aparellos para xordos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario