miércoles, 28 de enero de 2015

Unha curiosidade: o panal das abellas.

As abellas que fan o mel, constrúen os seus paneis con cera que producen nunhas glándulas situadas na parte inferior do abdome. Estos paneis considéranse marabillas da enxeñaría. Por que?
Os paneis están formados por celdas hexagonais. Por séculos, os matemáticos souberon que non existe mellor forma que o hexágono para aproveitar o máximo espazo co mínimo de material, pero nunca puideron decir o por que.
Grazas as celdas hexagonais, as abellas poden aproveitar o máximo o espazo, producir un panal lixeiro e resistente con moi pouca cera e almacenar a maior cantidade posible de mel. Por eso non é de extrañar que o panal se asocie coa arquitectura, xa que hoxe en día, os investigadores están imitando o panal para producir estructuras resistentes que proveiten ben o espazo. Por exemplo, os enxeñeiros aeronáuticos empregan paneis hexagonais para fabricar avións máis resistentes e lixeiros que consuman menos combustible.


No hay comentarios:

Publicar un comentario