miércoles, 21 de enero de 2015

Os dentes de Myleus pacú.

Este peixe tropical tan peculiar é nativo de Sudamérica e reside en augas doces, en zonas profundas e de correntes con moita vexetación.
O seu corpo é casi ovalado e comprimido lateralmente, a súa boca é pequena, con dentes moi semellantes ós da especie humana e que lles permite masticar fruta e semillas. Ollos grandes. Aletas pectorais pequenas e con moitas escamas lisas e diminutas. A cor dos adultos é plateada, ca barriga gris oscuro e aletas negras. Mentres que os xóvenes son vermellos, o que lles serve como ventaxa defensiva ante os depredadores. É omnívoro, pero mostra preferencia polos alimentos vexetais. Ten un gran sentido do olfato que lle axuda a atopar o alimento e é moi resistente as enfermidades.
Nas peixerías, ás persoas que non diferencian este peixe soenlle dar a piraña vermella, xa que son moi parecidos.

Pincha aquí para ver este video:
https://www.youtube.com/watch?v=cUDyUTWaDYQ


No hay comentarios:

Publicar un comentario