viernes, 12 de diciembre de 2014

Satélites do sistema solar.

Galileo Galilei foi o primero en observar un satélite natural en 1610. O astrónomo descubreu catro das lúas máis grandes do noso sistema planetario: Gamínedes, Calixto, Europa e Ío, todas en torno a Xúpiter. No seu honor coñéceselles tamén como satélites galileanos.
http://www.taringa.net/post/ciencia-educacion/17485768/7-de-enero-de-1610-Son-estrellas-Son-planetas.html

Os científicos divisaron 178 satélites en todo o sistema solar. Xúpiter é o planeta que máis ten, 67, séguelle Saturno con 60. Arredor de Plutón, Haumea e Eris, que son planetas ananos, teñen 7 satélites. Os planetas que menos satélites teñen son a Tierra con un ( a Lúa) e Marte con dous.  Mentres que hai outros que non teñen ningún, como son Mercurio e Venus.

Os satélites máis grandes de Saturno están compostos por unha mezcla de xeo e roca.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Homo ergaster:


Antigüedade: 1,8 millóns de anos.
Periodo de duración: entre 1, 8 y 1.4 millóns de anos.
Lugar de orixe: Kenia e África do sur.
Características Anatómicas:
1.- Volume cerebral de 900 cm3.
2.- Estatura: entre 1,60 e 1,70 m.
3.- Complexión delgada e extremidades largas.
4.- Mandíbula potente.
5.- Brazos e pernas proporcionados.

Utensilios:
Supoñen unha evolución no proceso da fabricación de utensilios, ca aparición dos primeros Bifaces. Trouxeron  unha nova forma de tallar a pedra, "o Achellense", que consiste en tallados polas dúas caras chamados bifaces, como: as machadas, os fendedores e os picos. Trátase dunha técnica que continuaría durante moitísimo tempo xa que se lle pode dar varios usos.

Forma de vida:
O seu desarrollo foi máis lento co dos seus antepasados e esto fixo que o seu 
entorno social fose máis protector. A alimentación e a complexidade social son imprescindibles para a expansión e a reestructuración cerebral. Era traballador e non chegou a cruzarse con outras especies de homínidos.






Este esqueleto, de entre 1.8 e 1.2 millóns de anos, foi descuberto en 1984.

A cápsula Orión, dá as súas primeiras voltas á Terra

Este xoves, cando estaba previsto o  lanzamento da cápsula Orión, a NASA tomou a decisión de cancelalo polos fortes ventos e por un fallo dunha válvula.
O final decideuse lanzalo hoxe venres ás 13:00 do mediodía. Este segundo lanzamento foi un gran éxito e a cápsula Orión ascendeu ata o espazo para dar voltas á Terra facendo probas.
O que se quere conseguir con este voo, e conseguir levar o ser humano ata Marte; aínda que neste primer lanzamento, Orión non foi tripulada por ninguén. Foi proxectado un voo de catro horas e media para dar case dúas voltas á Terra, despois de subir 5.800 Km. da superficie.
Durante este primer voo, de casi 100.000 km., o casco da nave veríase exposto a unhas temperaturas de casi 2.000 ºC a causa da fricción coa atmosfera. Ademáis de probar o funcionamento dos equipos de a bordo, o outro obxetivo é medir o impacto de rozamento e a temperatura no voo.

viernes, 21 de noviembre de 2014

Unha visión cara o futuro

A dexeneración da retina é un problema que soe estar provocado por danos nos vasos sanguíneos ou por unha produción excesiva dos mismos e que pode chegar a provocar cegueira total. Para remediar este problema, un equipo de investigadores de Madrid, creou as primeras lentes de contacto do mundo, que son capaces de protexer do dano que causa a luz violeta e azul na retina, protexéndoa  da súa dexeneración.

As lentes teñen un certificado de seguridade retiniano, e poñeranse á venta con ou sin graduación, compensando así a miopía, o astigmatismo ou a hipermetropía. Ademáis protexen contra a luz para que ésta non chegue ao fondo do ollo e o dane, xa que estamos expostos durante 5.500 horas o ano á luz que nos rodea, maila luz artificial (móbil, ordenadores...).

Grandes logros no ámbito da mediciña.

As persoas operadas por robots beneficiaronse en varios aspectos. Non só a intervención é realizada con moita máis precisión, sinón que a recuperación e moito máis acelerada.
Por exemplo, o uso de robots elimina os temblores humanos, é capaz de entrar a zoas imposibles para os médicos e danan menos texidos sans nos alrededores da rexión afectada.
Ademáis, o uso dos robots reduce a estancia no hospital, disminúe o trauma operativo, beneficia o impacto cosmético da intervención e atenúa o tempo de recuperación.

Ata o momento, os robots médicos sólo poden operar a nenos de máis de 10Kg. pero os científicos esperan que en menos de cinco anos, o uso e a evolución da robótica, incremente o seu uso en todos os niveis.

domingo, 2 de noviembre de 2014

A química no Samaín.

O 31 de outubro celébrase a noite do Samaín, unha festa de orixen celta moi esperada. 
Para celebralo, podemos facer un experimento terrorífico da química cunha cabaza.
Tras preparar a cabaza, podemos usar varios compostos químicos para provocar una chama espectacular, no caso de que non nos conformemos cunha vela.

Utilizando desinfectante de mans, que sempre presenta algún tipo de alcohol (isopropílico, etílico ou propílico), podemos conseguir que a chama sexa azul. Como a cabaza ten sodio, tamén terá unha chama de cor amarela; e si quixéramos que tamén fose verde, empregaríamos ácido bórico. 
Non deberíamos ter medo ós mortos, senón os vivos. VIVA O SAMAÍN!

¿Coñecedes a Mario Pérez Sayáns?

O boirense Mario Pérez (de Cespón) de 34 anos, Licenciado en Odontoloxía, é experto en cáncer oral e compatibiliza a docencia e a investigación coa actividade privada en Vigo.

Foi un estudante brillante e casi o 90% das súas notas foron matrículas de honor. Consigueu o premio extraordinario da Universidade de Santiago de Compostela e outros recoñecementos que o levaron o máis alto.
Publicou artículos relacionados co cáncer oral e consigueu ser distinguido pola mellor tesis da Facultade de Mediciña e Odontoloxía.

Traballa no Instituto de Investigación de Santiago, concretamente no grupo de epidemioloxía. Alí estuda os marcadores no cáncer oral. Ademáis, é profesor asociado da Facultade de Odontoloxía e investigador na Unidade de Mediciña Oral e Implantoloxía.
O seu reto é diseñar un tratamento para mellorar a esperanza de vida dos pacientes que sufren cáncer oral. Mario Pérez asegura que a mortalidade todavía é moi elevada aos cinco años do diagnóstico, onde afecta, sobre todo, a pacientes fumadores e bebedores, especialmente  os primeiros e máis a partir dos 60 años.

Os gobernantes non apostan pola investigación, xa que lle denegaron varios proxectos moi potentes. Hai moi poucos recursos e moitos vense obrigados a emigrar.