miércoles, 3 de junio de 2015

Cráteres na Lúa

Un grupo de científicos australianos lograron identificar uns 280 cráteres na superficie da lúa mediante a combinación de datos da gravidade e a topografía do satélite. Este mapa de alta definición, consegueu captar detalles de cuncas lunares que non foran detectados anteriormente. Primeiro observouse cráteres do lado máis oscuro da Lúa, que non eran vivibles desde a Terra.

Nos inicios, o proxecto centrouse en captar imaxes de alta resolución da gravidade da Terra, pero despois foise ampliando ao estudo da Lúa e de Marte.
Agora estáse elaborando un mapa dos niveis de gravidade en Marte para poder estudar a estructura interna do planeta.

miércoles, 13 de mayo de 2015

Os infartos

Nesta entrada vou publicar un traballo que fixen na materia TIC, na que puiden facer unha pequena animación referida a un tema didáctico, e eu elexí Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

Para poder velo pincha en:  clase de saúde by miguel araujo on GoAnimate .


Dores de cabeza...

Nestes días oín no telexornal que era mellor que tomásemos neurofren de 400 mg que de 600mg, no caso de que só fosen dores pequenas, xa que así non acostubraríamos o corpo a convivir con dosis tan grandes. Por outro lado si nos doe a cabeza e tomamos unha pastilla temos que esperar a hora que nos indica no papeliño que acompaña o medicamento para tomar outra, si nos fai falta, xa que hai xente que eso non o respeta; e si levas durante tres días tomándoa hai que ir o médico xa que iso é un factor de que algo non vai ben, e diredes, ¡ tres días seguidos tomando pastillas para a cabeza, que locura! Pois non é nada raro xa que eu mesmo pode que as tome cando estou en temporada de exames. Pero o importante e que respetedes o período de tempo que debe pasar dende que tomes unha pastilla a consumir outra e que non sobrecarguemos o corpo con dosis de máis si só son dores pequenas.



viernes, 8 de mayo de 2015

"Enfermidade dos pobres"


Nesta entrada vouvos falar de Oriol Mitjá que é un español especialista en efermidades infecciosas que fai cinco anos viaxou a Papua Nueva Guinea e econtrouse cunha poboación, sobre todo nenos enfermos de pian. Unha bacteria propia das zoas tropicais que vai comendo a pel, ata desfigurar o rostro.
Oriol chegou a estas zoas e pensou que o tratamento que se estaba administrando non era o correcto. O seu coñecemento en enfermidades tropicais, fixéronlle probar cun simple antibiótico. O tratamento deu un excelente resultado . Entre 2013 e 2014 leváronse a cabo probas experimentais co 90% de curación.
A OMS, grazas os excelentes resultados de Oriol, propúxose como meta o 2020 para terminar coa enfermidad. Si o tratamento continúa dando tan bos resultados como ata agora , o Pian será a segunda enfermidad erradicada tras a viruela onde resaltaríase moito máis a Oriol, médico español.
Para saber máis pincha en : Pian

miércoles, 29 de abril de 2015

O observatorio espacial Hubble

O observatorio espacial Hubble considerado como o gran ollo do Universo fixo 25 anos. Un telescopio que revolucionou a astronomía e o coñecemento do cosmos desde o seu lanzamento en 1990. Ofrécenos milleiros de impactantes imaxes do cosmos. Axudou a medir o seu tamaño e a súa idade e a confirmar o seu proceso de expansión acelerada. Desde a súa chegada ao espazo proporcionou máis dun millón de imaxes que, ademais de coñecemento, deleitan a nosa retina.






lunes, 27 de abril de 2015

Sídrome de Morquio

Desta vez vouvos falar dun rapaz que está loitando cotra unha enfermidade dexenerativa, chamada síndrome de Morquio onde a esperanza de vida é duns 40 anos. Miguel sufre transtornos de crecemento e pérdidas de audición e de vista, o que fai que a súa vida sexa difícil.
Ata xaneiro recibía, xunto con outros oito nenos españois, un tratamento experimental, co que mellorou radicalmente (deixara de andar en silla de rodas, e desaparacéralle moitas dores). Pero unha vez comprobada a melloría do tratamento, o laboratorio suspendeu o tratamento por altos costes. 

O rapaz insisteulles aos pais en que falaran cos médicos porque se estaba encotrando cada vez peor. A familia de Miguel pediu a Xunta e ao Ministerio de Sanidade que finacie o tratamento, e estes ao cabo dun tempo deron a noticia de que costearán uns 6000€ por sesión.

E como dixo a famila de Miguel, " gástase máis cartos en cousas menos importantes que na saúde dun neno". Non estades de acordo?

Para saber máis pincha "aquí".

jueves, 23 de abril de 2015

Aiko Chihira

O departamento de ventas de Mitsukoshi presentou este luns a Aiko Chihira, a súa nova traballadora cunha particulariedade: é o primero robot androide que traballará nuns grandes almacéns en Tokio. Aiko ocupará un posto na recepción do recinto e axudará a súa compañeira, que está encantada coa nova empleada, a dar información aos clientes. Fala xaponés (tamén en lenguaxe de signos), aínda que pode ser programada para falar outros idiomas, como chino, no caso de que fora necesario.
Entre as habilidades do robot, tamén se encuentran outras que non están relacionadas á empresa, como cantar ópera. Esta pioneira tecnoloxía desarrollouse no laboratorio de robótica de Osaka, onde empregaron 43 motores para poñelo en marcha.